A XUNTA REALIZARÁ UN INVENTARIO E ESTUDIO DAS INFRAESTRUTURAS TRADICIONAIS DE CARÁCTER HIDRÁULICO E INDUSTRIAL DE GALICIA

13/06/2009
Partager

Os traballos desta iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comezarán este mes e serán realizados pola empresa Ute ICEACSA-Ain active, S.L
No proxecto analizaranse fontes documentais como o inventariado de recursos bibliográficos, o baleirado de fontes documentais anteriores ao século XVIII, a consulta de fontes arquivísticas pertencentes ao séculos XIX e XX.

En canto se dispoña dun informe sobre a situación histórica das Infraestruturas Hidráulico Industriais nos ríos de Galicia realizarse unha diagnose de cada unha das concas
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a traballar na realización dun inventario e estudio das infraestruturas tradicionais de caracter hidráulico e industrial da Comunidade galega.
Esta actuación ten por finalidade resaltar a importancia da preservación das instalacións hidráulicas de tipo industrial abandonadas; sinalar a importancia do valor testemuñal de este tipo de instalacións, como parte da paisaxe cultural producido ao accionar o home e a natureza; e contemplar, no marco do valor testemuñal, que relaciona o pasado co presente, a arquitectura e enxeñería ligada aos usos da auga.
Tamén se procederá a inventariar e clasificar todos aqueles inmobles que sexan testemuñas documentais de natureza histórica, sociolóxica, arquitectónica, artística, científica ou técnica e segundo criterios de autenticidade, calidade e orixinalidade.
A través deste estudo identificaranse e localizaranse os bens inmobles, investigarase os seus antecedentes históricos e realizarase unha descrición da instalación industrial en desuso. Esta actuación, que levará a cabo a Ute ICEACSA- Ain Active S.L., executaranse ao longo dos vindeiros 18 meses e o seu orzamento ascende a 274.130 euros.

13/06/2009 FUENTE: XUNTA DE GALICIA